domingo, 30 de Agosto de 2009



Comezamos un novo curso coas actividades de adultos nas bibliotecas.

Outubro 2009-Maio 2010

Lecturas individuais e comentarios en grupo dos libros escollidos polos participantes.

Biblioteca de Bertamiráns: luns ás 20,30h.
Biblioteca do Milladoiro: martes ás 20,30h.

Número mínimo de inscritos: 15 persoas

Prazo de inscrición: do 1 ao 30 de setembro nas bibliotecas.

En caso de non cubrir o número mínimo de inscricións as actividades poderán suspenderse.

segunda-feira, 15 de Junho de 2009

O barón rampante

Italo Calvino naceu en 1923 en Santiago de las Vegas (Cuba). Aos dous anos a familia regresou a Italia para instalarse en San Remo (Liguria). Publicou a súa primeira novela animado por Cesare Pavese, que o introduxo na prestixiosa editorial Einaudi. Alí desempeñaría un labor como editor. De 1967 ao 1980 viviu en París. Morreu en 1985 no Siena, cerca da súa casa de vacacións, mentres escribía Seis propuestas para el próximo milenio.
Coa lúcida mirada que o cenvertiu nun dos escritores máis destacados do século XX, Calvino indaga no presente a través das súas propias experiencias na Resistencia, na posguerra ou dende unha observación incisiva do mundo contemporáneo; trata o pasado como unha xenealoxía fabulada do home actual e convirte en espacios narrativos a literatura, a ciencia e a utopía.

El barón rampante

Cando tiña doce anos, Cosimo Piovasco, barón rampante de Rondó, nun xesto de rebelión contra a tiranía familiar, encaramouse a unha árbore do xardín da casa paterna. Ese mesmo día, o 15 de xuño de 1767, atopou a filla dos marqueses de Ondarivia e anuncioulle o seu propósito de non baixar nunca das árbores. Dende entón e ata o final da súa vida, Cosimo permanece fiel a unha disciplina que el mesmo se impuxo. A acción fantástica trancorre nas postrimerías do século XVIII e nos albores do XIX. Cosimo participa tanto na Revolución Francesa como nas invasións napoleónicas, pero sen abondoar nunca esa distancia necesaria que lle permite estar dentro e fóra das cousas ao mesmo tempo.
Nesta obra Calvino enfréntase co que, según el mesmo decalarou, é o verdadeiro tema narrativo: "Unha persoa fíxase voluntariamente unha regra e síguea ata as súas últimas consecuencias, xa que sen ela non sería o mesmo nin para si nin para os outros".

segunda-feira, 18 de Maio de 2009

Historia del Rey Transparente

ROSA MONTERO

Rosa Montero é unha periodista e escritora española que estudiou Periodismo e Psicoloxía, aínda que esta última abondonouna no cuarto curso. Colaborou con grupos de teatro independentes, como Canon o Tábano, á vez que empezaba a publicar en diversos medios informativos (Fotogramas, Pueblo, Posible, etc.) Dende finais de 1976 traballa de maneira exclusiva para o diario El País, no que foi redactora xefa do suplemento dominical durante 1980-1981. En 1981 ganou o Premio Pimavera por La hija del caníbal, obra que ao ano seguinte tamén recibiu o premio á mellor novela otorgada polo Círculo de Críticos de Chile. La loca de la casa gañou o premio Qué Leer á mellor novela española de 2003 e o Grinzane Cavour ao mellor libro estranxeiro publicado en Italia en 2004. Historia del rey Transparente obtivo o Premio Qué Leer á mellor novela española de 2005, ademais do Premio Mandarache de 2007. A súa obra está traducida a unha vintena de linguas.

HISTORIA DEL REY TRANSPARENTE

Nos séculos XII e XIII Europa viviu unha serie de sucesos que resultan fundamentais como raíces do futuro Renacemento: é a época dos trovadores y do refinamento provenzal, da extensión da ciencia, da burguesía, do nacemento do individualismo e da autonomía das cidades. Pero tamén é o tempo de grandes convulsións relixiosas: o conflicto da Igrexa Católica cos cátaros e o fervor hacia os Santos Lugares, que dará orixe ás Cruzadas contra o Islam. Neste mundo en perpetua ebullición vive Leola, unha adolescente plebeia, que tras tomar unha decisión inaudita vivirá unha existencia aventureira na Francia das loitas feudais.

Leola ten quince anos e un mozo que se chama Jacques. Traballa no campo co seu pai e o seu irmán. Vasalos dun señor feudal francés, que á vez é o vasalo do Rei de Aragón, sufren as consecuencias das continuas litas e desolacións, e levan unha vida mísera. Son como animais domésticos dos “homes de ferro”, eses cabaleiros voraces e brutais que regan co seu sangue os campos que eles traballan. Un sía, o amo reclama a todos os seus homes dispoñibles para a batalla e Leola queda soa. Ante a rabia e a inxustiza cando toma unha insólita decisión: disfrazarse coa armadura dun cabaleiro para protexerse da violencia que a rodea.

Como poderá sobrevivir e ocultar o engano de facerse pasar por un home? Afortunadamento, recibirá a axuda de outros seres coma ela, desprazados e feridos no máis profundo da alma: un guerreiro desposeído dos seus bens que vaga dun lado a outro, un maestro na arte de loitar que lle ensina con dureza e eficacia a defenderse e atacar, e sobre todo Nyneve, compañeira de armas que di ser bruxa e ter coñecido ao mago Merlín e ao rei Arturo. Ela é quen lle ensina a salir da inxenuidade e incultura na que vive e lle fai partícipe dos mitos e lendas que alimentan a fantasía medieval. No horizonte sempre está Avalon, a illa na que só viven mulleres, onde non existe a morte e é sempre primavera, gobernada por unha reina extraordinariamente sabia e fermosa. Se é triste ser muller nun mundo violento, Avalon exerce de talismán para no rendirse, para confiar no amencer dun mundo mellor.

Nas súas andanzas, Leola topa cun enigma tráxico: trovadores, rapazas ou veciños inician o relato da historia do Rei Transparente e caen fulminados tras unhas poucas frases. Nyneve, que parece estar ao tanto do enigma, reacciona sempre con furia antea a mención do nome dese rei misterioso. O acertixo só o coñecerá o lector nas últimas páxinas: trátase, en realidade, dunha fábula moral que resume a filosofía de toda a novela.

Leola verase armada cabaleiro aos dezasete anos pola duquesa Dhuoda, unha sanguinaria dama que sem embargo fascianaa e que esconde unha terrible historia. Aprende que a loita é unha danza e consigue baterse con éxito en xustas e torneos. Coñece a corte de Leonor de Aquitania e ao seu cortexo de poetas, filósofos e inxeniosos polemistas que debaten sobre o fino amor e a alta teoloxía. Convírtese, ao fin, nun “mercader de sangue”, nun mercenario a soldo das clases máis baixas da sociedade.

Os anos pasan e Leola perde os dedos da man e ten o corpo cheo de cicatrices. Enamorase de Gastón, un filósofo que busca a pedra filosofal, mentres estala a herexía albixense. A guerra non se fai esperar, e Leola e Nyneve poñeranse ao lado dos cátaros, que para elas representan o lado da bondade e a cordura.


segunda-feira, 27 de Abril de 2009

O Señor das Moscas

William Goldin


Nace en Newquay, Cornualles en 1911 e crece en Marlborough, onde seu pai era profesor de ciencias. A influencia do pai, que se definía como socialista cunha gran confianza no racionalismo científico, será importante en William Goldin , igual que a de súa nai, fervente defensora do sufraxio feminino.

Comezou a estudiar Ciencias Naturais no Braneose College de Oxford, pero pronto o cambia polo estudio de Literatura Inglesa.

A súa carreira literaria comeza en 1934 co seu primeiro libro de poesía e non abandoará esta dedicación ao mundo literario ata o momento da súa morte en 1993.


O señor das moscas


O señor das moscas é a primeira e máis célebre novela de William Goldin, Premio Nobel de Literatura en 1983. Publicada en 1954, considérase un clásico da literatura inglesa de posguerra. No ano da súa publicación non tivo apenas difusión, mantendo un volumen escaso de vendas. Só anos máis tarde alcanzou unha gran fama en Inglaterra, chegando a considerar imprescindible a súa lectura nos colexios e institutos.

A obra adoita interpretarse como unha fábula da natureza humana. Na II Guerra Mundial, un avión sufre un accidente nunha illa paradisíaca. Este avión transportaba decenas de nenos británicos e tralo accidente ningún adulto sobrevive, así que os rapaces deben sobrevivir cos seus propios medios e establecer unha socieddade provisional á espera dun rescate por parte dos adultos.

A través desta historia Golding permítenos observar o nacemento e evolución dunha nova sociedade “libre de adultos”, que funciona, sen embargo, como calquera outra sociedade tradicional. En contra do que o lector poida imaxinar ao principio, o autor vainos demostrando que o libro non é o relato das peripecias duns nenos nunha illa paradisíaca, senón que é unha profunda e minuciosa reflexión social, onde as tensións entre os rapaces convírtense nunha loita violenta e desgarradora entre os dous bandos que eles mesmos formaron. Abordánse temas fundamentais para o ser humano como a necesidade de adptación, a violencia, a perda da inocencia infantil, o medo en todas as súas formas: ao descoñecido, a incertidume, aos demais, á soidade… En definitiva, Golding explora a natureza da sociedade humana.

Se se interpreta a obra como unha alegoría de calquera sociedade é fácil obervar tamén o alegórico das personxes. Así, Ralph representa a orde e a civilización, mentres que Piggy é o símbolo da razón de da cordura. Pola súa parte, Roger simboliza a crueldade e o sadismo na súa maior escala. Simon, se embargo, é o reflexo da bondade natural do home.

Tamén dende o punto de vista político cabe a interpretación alegórica: os nenos máis pequenos representan á xente común e os máis grandes, ás clases dirixentes.

Existen dúas versións cinematográficas da obra: unha de Harry Hook de 1963 e outra de Peter Brook de 1990.


segunda-feira, 13 de Abril de 2009

Hamlet

William Shakesperare (Stratford-upon- Avon, abril de 1564 de 1616) un poeta e dramaturgo inglés, considerado desde hai tempo por moitos como o meirande escritor en lingua inglesa e un dos máis célebres da literatura universal. Unha das características máis salientables da súa obra é a profunda e complexa definición psicolóxica das súas perxonaxes.

Para 1592, Shakespeare xa se establecera como dramaturgo en Londres e xa gozaba dunha importante reputación. A finais de 1594 actuaba, escribía e era co-propietario dunha compañía, os Homes do Lord Chamberlain, que recibía o nome do seu mecenas. Desfrutaban de tanto crédito que, após a morte de Isabel I de Inglaterra, o novo monarca, Xaime I de Inglaterra adoptou a compañía, que pasou a denominarse Os Homes do Rei.

Existe a tradición de que Shakespeare, ademais de redixir moitas das obras que representaba a súa compañía e de ter que dedicar parte do seu tempo a xestionar a compañía da que era co-propietario, continuaba a representar papeis nas obras, como o fantasma do pai de Hamlet, Adam en Como goste e como coro en Henrique V.

As dúas derradeiras obras escribiunas en 1613 e parece que logo se retirou a Stratford. Morreu á idade de 52 anos, na mesma data que Cervantes.

Está soterrado na chancelería da Igrexa da Santísima Trindade en Stratford-upon-Avon, honra que non se debeu á súa fama como dramaturgo senón por ter adquirido ese dereito por 440 libras (unha cantidade considerábel na época). Un monumento, erguido pola súa familia no muro máis próximo da súa tumba, móstrao no acto de escribir. Cada ano, na data do seu nacemento, colócaselle unha pluma nova na man.

Entre a súa extensa obra podemos destacar algunhas das máis coñecidas popularmente: Romeo e Xulieta, O soño dunha noite de San Xoán, O mercader de Venecia, Hamlet, Noite de Reis, Othello e Macbeth.


Hamlet


Hamlet é unha traxedia escrita por William Shakespeare, unha das obras teatrais máis coñecidas e citadas do mundo. Shakespeare escribiuna entre 1600 e 1602, publicouse por vez primeira en 1603. O soliloquio To be ou not to be (ser ou non ser) é a pasaxe máis popular da obra. Existen numerosas adaptacións cinematográficas e televisivas de Hamlet.

A historia da obra provén da tradición escandinava que fixo coñecida Saxo Grammaticus a comezos do século XIII ó escribir a historia do principe Hamlet.

Á súa vez, o Hamlet converteuse nun mito a explorar dentro do teatro e mais tamén do cinema de todos os tempos. Entre as versións e revisitacións sobre este tema destacaron O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca, de Álvaro Cunqueiro (1958) e mais o Hamlet Machine, do alemán Heiner Müller (1979).


terça-feira, 17 de Março de 2009

Me llamo rojo

FERIT ORHAN PAMUK

Ferit Orhan Pamuk, nado en Istambul o 7 de xuño de 1952, é un dos máis destacados autores da literatura actual en lingua turca. A súa obra traduciuse a 34 idiomas e publicouse en máis dun centenar de países distintos. Recibiu numerosos galardóns internacionais, entre eles o Premio France-Culture en 1995, o Premio ao mellor libro extranxeiro do New York Times en 2004 e o premio da Paz dos libreiros alemáns en 2005. O 12 de octubre de 2006, a Academia Sueca, outorgoulle o Premio Nobel de Literatura en recoñecemento a toda unha traxectoria literaria, así como ao seu compromiso polos dereitos humanos, sendo así o primeiro turco en gañar un Premio Nobel.


Aínda que a súa carreira como escritor iniciouse a finais dos séculos 70, e a súa primeira novela publicouse en 1982, a súa obra comeza a ter repercusión internacional coa novela El astrólogo y el sultán (1985) e alcanzaou a súa consagración definitiva con Me llamo rojo, publicada en 1998.

A súa implicación política na defensa dos dereitos humanos, crítica coas posturas do goberno turco, pero tamén coas posturas europeas contrarias á admisión de Turquía na Unión Europea, sitúano nunha posición intermedia incómoda. As súas opinións sobre puntos escuros da historia turca, como as matanzas de armenios a principios do século XX, verquidas nunha entrevista fixéronlle ser inculpado por "insulto ós turcos".

Debido ás ameazas contra a súa vida tras o asasinato de Hrant Dikn, redactor do semanario Agros (medio considerado como a voz da comunidade armenia), exiliouse nos Estados Unidos. Pamuk regresou á súa cidade natal en abril de 2007 para escribir a súa seguinte novela, Museo de la inocencia.

Os principais temas da súa obra son os conflitos e contradicións entre o oeste e o leste, o islam e o cristianismo, a tradición e o mundo contemporáneo…

ME LLAMO ROJO


Me llamo rojo, é unha novela que combina a narración de misterio, unha historia de amor e a reflexión filosófica, ambientada no Istambul do século XVI, baixo o reinado do sultán Murad III.

É unha novela polifónica na que distintas voces nos van levando ao desenlace final. Todos os personaxes teñen a súa propia voz, a súa propia necesidade de explicar o seu punto de vista.

A trama parte de que o Sultán desexa pasar á posteridade inmortalizando a súa imaxe nun libro, algo prohibido pola lei islámica.

Me llamo rojo introdúcenos no esplendor e decadencia do Imperio Turco, unha potencia que chegou ata as portas de Viena. Viaxamos ata o século XVI, e catro artistas traballarán en segredo, elaborando un libro cheo de imaxes nunca antes pintadas ata que un deles desaparece. Buscar ao asasino e o por qué convírtese en todo un alarde onde cada persoa, cousa ou sensación nos fala en primeira persoa.

Ao mesmo tempo que nos introducimos na trama vamos coñecendo o Estambul do século XVI: as preocupacións das súas xentes, a súa filosofía, o radicalismo dalgunhas persoas, a súa forma de amar…

Pamuk consigue así unha novela total. Á sabidurá da mellor narración histórica únese o ritmo trepidante da novela negra e unha sedutora historia de amor.

quinta-feira, 5 de Março de 2009

La mujer habitada

Gioconda Belli é unha das máis populares escritoras nicaraguanas, nacida en Managua en 1948. Opositora do réxime ditatorial do xeneral Somoza, viuse obrigada por iso a emprender o exilio e foi durante anos refuxiada política en países como México e Costa Rica. Dende 1970 foi militante revolucionaria do Frente Sandinista de Liberación Nacional, que perseguía a eliminación do réxime de Somoza. Como membro da Comisión Político-Diplomática do FSLN foi correo clandestino, transportou armas e viaxou por Europa e América Latina obtendo recursos e divulgando a loita sandinista. Tras o final da ditadura ocupou distintos cargos no goberno revolucionario.


O seu traballo literario encóntrase entre a poesía e a narrativa. En canto á súa poesía, ten un especial estilo difícilmente enmarcable nos habituais. A súa obra, en xeral, busca a identidade feminina, tratando de ser a voz da muller revolucionaria nicaraguana e nela, ademáis de retazos autobiográficos e eróticos, mostra as súas preocupacións políticas e sociais. A súa obra está traducida a varios idiomas con grandes éxitos de venta e conseguiu con ela numerosos premios.




LA MUJER HABITADA


Esta obra sumerxe ao lector no mundo máxico e vital da resistencia ancestral do indíxena ao español e vinculaa á rebelión feminina e á insurxencia política de hoxe.


Lavinia, a protangonista, abandona a casa paterna para iniciar unha vida de muller independente pensando que por fin comezará a escribir a súa propia historia, pero ingnora que o que lle chegará é a oportunidade de escribir a Historia.


Gioconda Belli narra con poesía e intelixencia unha historia tan antiga como o amor entre un home e unha muller e a loita dun pobo pola súa liberdade.